Actividad 27-28



 1. Quenes foron os inventores dos microscopios? Indica algún dato sobre a súa vida.

Antoni van Leeuwenhoek, nado en Delft o 24 de outubro de 1632 e finado o 26 de agosto de 1723, foi un neerlandés destacado como mercador, agrimensor, tratante de viño, vidreiro e microbiólogo. Van Leeuwenhoek é sobre todo coñecido polo microscopio inventado por el mesmo e mais polo seu traballo pioneiro nas áreas da bioloxía celular e da microbioloxía.

Robert Hooke, nado en Freshwater (illa de Wight) o 18 de xullo de 1635 e finado en Londres o 3 de marzo de 1702, foi un científico experimental inglés dos máis importantes da historia da ciencia, polemista incansable cun xenio creativo de primeira orde. Os seus intereses abarcaron campos tan dispares como a bioloxía, a medicina, a cronometría, a física planetaria, a microscopía, a náutica e a arquitectura.
 

2. De onde procede a palabra "célula"?

A célula (do latín cellula, que significa 'cuarto pequeno, cela')

3. Indica o nome doutros científicos que investigaron a célula. 

Rudolf Virchow, Matthias Jakob Schleiden, Theodor Schwann,  Robert Brown e Louis Pasteur.

 

 4. Que di a Teoría celular?

 A teoría celular é unha rama fundamental da bioloxía que explica a constitución da materia viva a partir de células e o papel que estas desempeñan na constitución da vida.

 

5. A teoría celular ten varios apartados, explica cada un deles con detalle.

 O compoñente principal de todo ser vivo é a célula, pode ser unicelular ou pluricelular.

 A formación de células non é espontánea, orixínanse a partir de células preexistentes.

 Todas as funcións ocorren dentro da cela ou no contorno inmediato do seu sistema, isto coñécese como unidade funcional.

 Todas as células teñen material xenético que lles permite realizar as súas funcións e controlar o seu propio ciclo de desenvolvemento.


 6. Fai un esquema cas partes dunha célula.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividad 19 Lectura

Actividade 20 Lectura